domingo, 28 de marzo de 2010

28 de marzo de 1942.

Tal día coma hoxe morría o poeta Miguel Hernández no cárcere e nun tempo no que toda España se convertiu en presidio.
No cárcere escribiu un dos poemas máis tristemente bonitos da lírica española, as "Nanas de la cebolla," escritos para o seu fillo, que pasaba fame naquela España de posguerra.




Con este poema fíxose unha canción que popularizou Serrat.

Proxectos.

Nestes días ando a voltas cunha wiki para darlle forma na terceira avaliación. Chámase O outro mundial. Tamén anda outra por aí que se limita a recoller descricións literarias de cidades, sen máis pretensións.

mércores, 17 de marzo de 2010

Outro descubrimento de América.

Para a longa fin de semana que nos espera, unha visión algo distinta do descubrimento de América.




martes, 9 de marzo de 2010

O Renacemento en imaxes

Presentación sobre a arte renacentista para ilustrar e completar os contidos do libro de texto (páxinas 250 - 253)

xoves, 4 de marzo de 2010

O relevo peninsular

Varios vídeos sobre o relevo peninsular, os dous últimos son explicacións breves e interesantes sobre o relevo e a súa historia xeolóxica.


Recurso de creación de lista de vídeos aprendido nunha ponencia de Antonio Martínez. (Gracias)