xoves, 29 de abril de 2010

Xogos de Arte.

Deixamos hoxe un par de enlaces a xogos de historia da Arte; abranguen máis do visto na aula, pero son unha boa maneira de repasar e ampliar.
Xogo de identificación de artistas ou obras (en inglés)
Páxina de enlace a varios xogos (en castelán)

imaxe baixo licencia cc en flickr.

martes, 27 de abril de 2010

A Arte barroca.

Deixamos hoxe tres presentacións sobre a arte barroca para ilustrar os contidos do libro de 2º. (pulsa Máis)


venres, 23 de abril de 2010

23 de abril

Existe unha razón para que todos os libros, mesmo os que non son moi serios, teñan a forma dunha maleta. 
(S. Dovlatov)

luns, 19 de abril de 2010

Máis sobre os espazos rurais e urbanos.

Deixamos hoxe, para continuar co tema dos espazos rurais e urbanos, unha selección de videos que xiran en torno a determinados traballos realizados en varios insitutos no marco do proxecto TERRA.
Desde aquí, a nosa felicitación á xente do CPI de Maside, do IES de Monelos e do IES de Pontepedrilña polo seu traballo, que nos permite achegarnos ás distintas realidades do hábitat de Galicia.
Pechan a selección un par de vídeos relacionados cun tema moi de moda, como é o feísmo. Un deles, o do coordinador do proxecto Terra, ofrece unha visión distinta aos discursos establecidos sobre o tema.