xoves, 15 de xullo de 2010

Arte e frases.

"Coñece máis xente o meu trofeo que a cúpula de San Pedro."
Giorgio Losa, forxador do trofeo do Mundial de fútbol dixit.
(Iso explicaría moitas cousas, entre outras o papel substitutivo do fútbol diante da relixión, cos seus símbolos, milagres e santoral)
Imaxes baixo licencia cc vía flickr (aquí e aquí.)

mércores, 14 de xullo de 2010

Roberto Bolaño

Hoxe cúmplense sete anos da morte do xenial escritor Roberto Bolaño. Co tempo libre do verán como coartada, deixo os seis cortes do documental sobre a súa vida e obra dirixido por E. Haasnoot.
Se aínda non liches nada de Roberto Bolaño, apaga o ordenador de inmediato e empeza.

luns, 12 de xullo de 2010

Historia circular.

Leccións da historia en boca de Fernando Fernán - Gómez, xenial actor nunha entrevista que se revela punzantemente profética: