venres, 29 de outubro de 2010

Titorial sobre o uso de Mister Wong.

Deixo aquí un titorial moi sinxelo para o uso incial de Mister Wong, ferramenta da que falabamos na clase e que nos permitirá gardar, convintemente etiquetada, a información de interese que atopemos pola rede.

mércores, 13 de outubro de 2010

A mirada de Goya.

Falabamos del na clase estes días. Goya, pintor maxistral, rexistra con grande nitidez moitos aspectos da historia de España que lle tocou vivir. Deixo aquí unha presentación con imaxes das súas obras, e anímovos a que presentedes unha pequena análise sobre as mesmas enviándoa ao correo electrónico.

Goya
View more presentations from ranoch.