luns, 22 de novembro de 2010

Glog sobre Isabel II

Aquí podes atopar un interesante glog sobre o reinado de Isabel II, obra de Xosé Antón. Moi recomendable, tanto o mural como todo o blog.

venres, 19 de novembro de 2010

Hipérbole

 Falabamos hai pouco da mirada de Goya sobre a historia de España. Hoxe toca contemplar como o mundo da arte está moito más próximo a nós do que pensamos. A da imaxe é a portada do diario marca, o máis vendido do país, que retoca Os fusilamentos da Moncloa para presentar a un entrenador de fútbol coma un mártir.
Con independencia da maior ou menor pericia do que usou o photoshop (agardemos que non o chamen do Prado para actualizar o cadro orixinal), chama a atención o carácter desmesurado e grotesco que posúe hoxe en día o fútbol neste país.

xoves, 18 de novembro de 2010

Sobre a revolución industrial

Estes dous fragmentos pertencen á película Tempos modernos de Charles Chaplin.





1.- ¿A que fase da revolución industrial pertence o retratado na película? Argumenta a túa resposta.
2.- Identifica os diferentes postos de traballo que aparecen reflectidos.
3.- Investiga cal é ano de produción da película.
4.-Lembra o aprendido na aula e sinala outras formas de organización do traballo.