martes, 25 de xaneiro de 2011

También la lluvia

Hoxe, imos ao cine  ¿Que te atoparás na película También la lluvia?
Un equipo de rodaxe busca recrear en Bolivia os primeiros compases da conquista de América e o primeiro impacto da colonización sobre os poboadores indíxenas que Cristóbal Colón (Karra Elejalde) atopou. O produtor (Luís Tosar) está encantado polo baixo custe dos salarios aos figurantes, que contratan nas rúas de Cochabamba, o director (Gael García Bernal) vai perfilando unha historia de explotación no século XV que, se actualiza coas prácticas das empresas multinacionais que buscan privatizar o servizo de abastecemento de auga. O presente mírase no espello do pasado e non se aprecia moita diferenza máis aló das roupas e da maquillaxe...


Hoxe é noticia que a película española candidata aos Oscar non foi seleccionada para a fase final dos premios hollywoodienses. Aínda así, o film de Icíar Bollaín debería ser de obrigada visión, sobre todo pola mestría coa que enlaza a colonización histórica co neocolonialismo dos nosos días, do que tanto estamos a falar estes días na clase.

sábado, 22 de xaneiro de 2011

martes, 11 de xaneiro de 2011

Fabricados para non durar.

Falabamos onte na clase dun máis que interesante documental sobre a chamada "obsolescencia programada" como estratexia empresarial para forzar un consumo desmesurado. Aquí vai o video:


luns, 10 de xaneiro de 2011

América

Via o diario dixital La información atopamos este vídeo que presenta unha exposición que está tendo lugar en Madrid ata o vindeiro mes sobre a historia contemporánea de América Latina a través da reinterpretación dos seus iconos máis recoñecibles.