xoves, 24 de febreiro de 2011

Algo se move.

Este inicio de 2011 pasará á historia pola onda de cambio que percorre a costa que temos ao sur, tan preto e tan lonxe.
Podes ver un interesante gráfico aquí (diario lainformación).

mércores, 16 de febreiro de 2011

Outra visión do mundo.

Fogonazos recolle un interesante video feito a partir de imaxes de satélite no que se amosa a localización dos incendios na pasada década. Vale a pena botarlle unha ollada.


Neste outro pódese apreciar a pegada da actividade humana sobre diversos medios naturais (é sobrecolledor o adicado ao mar de Aral). Non lembro quen dixo unha vez que as peores feridas son as que deixa a mala política sobre a paisaxe.