domingo, 27 de marzo de 2011

Gmap sobre a guerra civil

Aínda que xa non esteamos nese tema, deixo un mapa que ubica os lugares destacados da guerra civil, obra de Fernando.

Ver LUGARES EMBLEMÁTICOS DE LA GUERRA CIVIL en un mapa más grande

domingo, 13 de marzo de 2011

Outra vez Goya.

Volve Goya a este blog, como hai semanas podemos ver unha actualización da súa obra. Neste caso trátase de O coloso, pertencente ás pinturas negras e cuxa autoría está hoxe en discusión.
Como vemos, neste caso o coloso alude ao pánico xerado estes días arredor da central nuclear xaponesa de Fukushima.
Fonte da imaxe (El País; Ramón)

sábado, 12 de marzo de 2011

Johann Trollmann.

Normalmente non personalizamos a Historia nas historias en minúscula da xente, o tempo das clases non da para tanto; moitos temas e poucas horas semanais...
Por iso hoxe non me resisto a recomendarvos que leades este post que leva por tema a vida de Johann Trollmann, un boxeador.
¿Que pinta un boxeador na Historia? Pois que a súa historia é a de ser un boxeador xitano na Alemaña nazi.
 A súa historia, tráxica e auténtica metáfora explicativa da barbarie totalitaria, parece a dunha película.
Non perdas a posibilidade de facer clic no enlaceanterior o antes posible.

Aquí podes ver un anaco da rúa que hoxe está adicada a Trollmann en Hannover, a súa cidade natal.

Ver mapa más grande

venres, 11 de marzo de 2011

O terremoto de Xapón.

 Hoxe é noticia o devastador terremoto que tivo lugar en Xapón.
Sempre que se fala dun terremoto, alúdese á escala de Richter (o de hoxe acadou os 8,9 graos). Podes acceder a unha breve e interesante explicación aquí. 
Ademais, nesta páxina da Junta de Andalucía podes ver máis información. Vale a pena botarlle unha ollada, o mesmo que esta explicación arredor do fenómeno dos tsunamis.
(imaxe de portada baixo licencia cc de Azfar Arif)