martes, 26 de abril de 2011

Os simpsons e a materia de Xeografía de 3º de ESO.

Vía esquizopedia unha das introducións aos capítulos dos Simpsons. O guión é obra do artista Banksy e isnpírase no feito de que gran parte do traballo que leva facer a serie está externalizada a unha empresa surcoreana.
Bota unha ollada ao vídeo e lembra con que cousas das vistas este ano se podería relacionar.

sábado, 2 de abril de 2011

Cadros versionados.

Aproveitando que hoxe é venres deixo un vídeo para achegarnos a algúns cadros míticos da Historia da Arte da man do grupo Hold your horses!