xoves, 20 de decembro de 2012

Localizando (HMCO 1º BAC)

A continuación tes un par de retos xeográficos relacionados cos contidos traballados no trimestre:


domingo, 16 de decembro de 2012

Outra visión de Israel e Irán.

Circula pola rede este vídeo feito por un israelí que aporta unha dimensión distinta á tensión entre Israel e Irán da que estamos afeitos. Paga a pena velo.

sábado, 15 de decembro de 2012

mércores, 5 de decembro de 2012

Cuestionario arte románica e gótica

venres, 30 de novembro de 2012

O impacto da acción humana no medio (1ºESO)

Neste vídeo podes observar a evolución nos últimos anos do Mar de Aral, e tamén outra mostra do impacto do ser humano sobre o medio



1.- Localiza nun gmap os dous lugares que aparecen no vídeo, e inclúe unha imaxe baixo licenza CC para cada un deles.
2.- Busca dúas noticia de prensa relacionadas con algún dos espazos do vídeo, e anota os links.
3.- Pega os tres lins (mapa e artigos de prensa) nun comentario a esta entrada.

mércores, 28 de novembro de 2012

Páxina de xogos xeográficos sobre europa.

CC BY-NC-SA batintherain
A través do blog de Pedro Oña atopamos unha páxina moi interesante con cantidade de xogos sobre a xeografía e a historia de Europa. Para acceder a ela, pulsa aquí.
Na páxina podes atopar un xogo de localización de volcáns, tema que tratamos recentemente na clase de 1º de ESO.

luns, 5 de novembro de 2012

mércores, 31 de outubro de 2012

venres, 26 de outubro de 2012

mércores, 24 de outubro de 2012

mércores, 17 de outubro de 2012

Cartografía: proxeccións

Para estes días nos que andamos coa representación da Terra nos mapas, temos esta interesante presentación feita por ESF Galicia.


Un par de lugares web con mapas anamórficos: worldmapper e mappingworlds
E un interesante artigo sobre xeitos de facer mapas aquí.

martes, 9 de outubro de 2012

Actividade de busca de información.


O director da curtametraxe dun post anterior rodou unha película ambientada na guerra civil española e protagonizada por un actor que formou parte do elenco da primeira película de Harry Potter.
No reparto dese film sobre a guerra civil ha tamén unha actriz que destaca hoxe en día coma directora de cine. Unha das súas últimas películas mestura a recreación da historia dun personaxe do pasado cun conflito recente.

¿Cal é a personaxe histórica? ¿Cal é o conflito?

luns, 8 de outubro de 2012

Globalización

Presentación feita por Miguel Calixto Rojas sobre o fenómeno da globalización:


mércores, 3 de outubro de 2012

Outro 11 de setembro.

Esta é unha das once curtametraxes rodadas por once directores e directoras arredor dos atentados de Nova York e que forman parte dunha película colectiva.


Septiembre 11'09"01 from heavy61 on Vimeo.

martes, 2 de outubro de 2012

Eric Hobsbawm

CC-BY-NC-SA vivlioteca

Onte faleceu aos 95 anos o historiador británico E. Hobsbawm.

Fragmento da conferencia no Word Political Forum (Nov 09)

O "século breve," ou XX, foi un período marcado por un conflito relixioso entre ideoloxías laicas. Por razóns máis históricas ca lóxicas, foi dominado pola contraposición dos dous modelos económicos: o "Socialismo," identificado con economías centralmente planificadas de tipo soviético, e o "Capitalismo," que cubría todo o resto.

Esta contraposición, aparentemente fundamental, entre un sistema que quere quitar do medio as empresas privadas interesadas nos beneficios (o mercado, por exemplo) e un que pretendía liberar o mercado de toda restricción oficial ou doutro tipo, nunca foi realista. Todas as economías modernas deben combinar público e privado de varios modos e en varios graos, e de feito iso fan. Ambas tentativas de vivir á altura desa lóxica totalmente binaria, desas definicións de "capitalismo" e "socialismo" fallaron. As economías de tipo soviético e as organizacións e xestións estatais non sobreviviron aos anos 80. O "fundamentalismo de mercado" anglo-norteamericano crebou en 2008, no momento do seu apoxeo (...)


Artigo completo aquí.

Tarefa optativa de investigación: ¿por que Hobsbawm fala de "século breve" para aludir ao século XX?

xoves, 27 de setembro de 2012

Rusia no século XXI

Andamos nestes días na aula trazando un panorama da actualidade. Tras comezar pola crise que afecta dun xeito especialmente intenso a España, abrimos o punto de vista a Europa e, no leste, atopámonos con Rusia.

Dise que Rusia polo seu tamaño, tanto xeográfico coma histórico, non se pode coñecer de xeito total, senón que soamente hai grados de ignorancia sobre ela. Aínda así tentaremos aproximarnos algo a este país clave para comprender o pasado, o presente e o futuro do mundo.

 · Artigo sobre a Rusia do século XXI (para a súa análise crítica na aula)
 · Perfil de Anna Politkóvskaya
 · Reportaxe en Informe Semanal sobre o asasinato.
 · Artigo póstumo de Anna Politkóvskaya.

CC-BY-NC-SA Amnesty Finland

luns, 16 de xullo de 2012

Arte con arte (moita)

Poñíamos hai tempo un vídeo do grupo Hold your Horses que presentaba moitos cadros famosos. Un grupo de alumnos de 4º de ESO do colexio Santa Isabel de Murcia fixo unha fantástica versión con outras obras... ao final do vídeo estás os títulos da obras que recrearon.

mércores, 20 de xuño de 2012

martes, 19 de xuño de 2012

Historia antiga en 3D

A través deste post de mrdomingo atopamos este vídeo no que se reconstrúen os algúns dos espazos máis representativos que vimos nestas últimas semanas. Cómpre sinalar e agradecer o feito de que o vídeo se atope en vimeo baixo licenza CC-BY-SA

Viaje al pasado en 3D: Mesopotamia, Egipto, Grecia y Roma from Mr. Domingo on Vimeo.

luns, 11 de xuño de 2012

Roma

Para estes últimos días, unha presentación sobre Roma:
E un paseo por Pompeya.

Espazo e tempo en Roma.

Vía a interesante páxina de geacron podemos conseguir un mapa no que obervar a evolución da historia de Roma e o seu Imperio:

martes, 5 de xuño de 2012

A busca de imaxes con licencia CC: flickr


Para o traballo que estamos a desenvolver nestes días na aula estamos a usar imaxes baixo licencia CC. Xa vimos que un lugar de referencia para obter imaxes que se podan reutilizar é a wikipedia, en concreto o apartado de wikimedia commons, pero tamén podemos empregar outros sitios web coma flickr. O uso de flickr para conseguir imaxes baixo licencia CC require activar a opción de busca avanzada, tal e como podemos ver no seguinte titorial:

venres, 1 de xuño de 2012

As paisaxes do mundo.

Deixamos nesta entrada os traballos feitos na clase sobre as paisaxes do mundo. Nalgún caso non se puido incluír o traballo dalgún alumno/a por erros na forma, sobre todo no apartado de créditos das imaxes. Traballos de 1ºA Traballos de 1ºB Traballos de 1ºC

domingo, 27 de maio de 2012

Máis sobre a arte grega

Vai a continuación unha presentación cun xogo de identificación dos períodos escultóricos.

mércores, 23 de maio de 2012

Arte grega.

Comezamos nestes días a ver a arte grega. Ao final desta entrada podedes ver un par de presentacións sobre a arquitectura e a escultura gregas, pero o máis importante é que nós faremos a nosa propia presentación empregando as presentacións de gdocs e coas seguintes condicións formais:

1.- O título e tema da presentación será: "A Arte grega"
2.- Na diapositiva do título debe aparecer unha imaxe (por suposto baixo licencia CC) e unha cita sobre a arte indicando o autor (por exemplo A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade P. Picasso)
3.- Na diapositiva final aparecerán os créditos das imaxes empregadas.
4.- Non haberá máis de 10 diapositivas/slides (excluíndo a portada e a diapositiva final)
5.- Os contidos deben referirse á arquitectura e a escultura gregas
6.- A nivel formal, aplicaremos a regla do 7x7: máximo de sete liñas por diapositiva e non máis de sete palabras en cada unha delas
7.- En cada unha das diapositivas debe haber, alomenos, unha imaxe ou elemento audiovisual, se ben soamente se pode empregar un máximo de dous vídeos.
8.- As presentacións serán subidas a unha páxina dentro deste blog.
9.- Valorarase a selección de contidos, pero tamén a orixinalidade: cortarepegar do libro de texto/wikipedia non aporta nada.
Se queres máis consellos sobre o deseño de presentacións podes consultar este documento de Alazne González.
 

mércores, 9 de maio de 2012

Repaso Mespotamia e Exipto

De cara ao inminete exame sobre ese tema que considerades taaaan longo, deixamos aquí un pequeno cuestionario de repaso. As primeiras civilizacións on PhotoPeach

luns, 7 de maio de 2012

Técnicas de estudo: o esquema.

Nestes días estamos traballando na aula os esquemas. Aquí tedes un vídeo (cortesía da practicopedia) no que podedes ver en menos de dous minutos como traballar esa técnica:

domingo, 6 de maio de 2012

Un pouco máis alá do deporte.

En consonancia con certo escapismo dos alumnos das TIC cara a páxinas de diarios deportivos, e atendendo á proposta de don Y.D.C sobre que a única historia que se debería estudar é a do Real Madrid planteemos un traballo utilizando como fontes páxinas relacionadas co deporte en base aos seguintes puntos.

1.- O traballo será sobre algún feito histórico - cultural relacionado co deporte. Podes ver unha mostra dese tipo de feitos no artigo adicado aquí a Johann Trollmann.
2.- As fontes de información sinálanse a continuación, e deben empregarse para buscar esa faceta histórico-cultural relacionada co deporte. Serán a base do traballo, pero non se pode usar o cortaepega.
3.- Consultada a información elaborarase, en gdocs, un documento que levará un título orixinal (feito por vós e empregando este xenerador de portadas) dúas imaxes (obrigatoriamente baixo licenza CC), links e unha referencia xeográfica (gmaps ou similar).

4.- A estrutura do documento será a de artigo xornalístico, para o que se pode consultar este artigo da wikipedia sobre os elementos básicos da narración xornalística.

5.- Rematado o artigo procederase á súa publicación en issuu como paso previo á publicación nos blogs.

xoves, 3 de maio de 2012

Os gatos en Exipto.

CC-BY-SA G. Blanchard
 
A través deste post do interesante blog Siglos curiosos podes ler cousas moi interesantes sobre a veneración dos gatos no antigo Exipto.

domingo, 29 de abril de 2012

sábado, 28 de abril de 2012

Unha mostra do que puido ter sido e non é...

A través do blog de referencia Iniciarte podemos ver unha mostra dos efectos devastadores da especulación urbanística sobre a cidade de Vigo.
Manuel Rivas citaba a Juan Cueto nun artigo de 1999 sobre a coincidencia no tempo da aprobación dunha cidade da cultura en Santiago (si, esa) e a autorización dunha explotación de granito na Costa da Morte. Juan Cueto escribiu que as peores cicatrices son as que deixa a mala política na paisaxe.

martes, 24 de abril de 2012

Día do libro

Un día despois do 23 de abril lembramos o día do libro, que debería ser cada un do ano. Desde aquí propoñemos un, Amberville  de Tim Davys, unha novela negra típica do xenero cunha gran innovación no que respecta aos protagonistas...



martes, 17 de abril de 2012

Exipto

A través da moi recomendable páxina en slidehsare do IES Las Musas de Madrid, conseguimos a presentación completa con Mesopotamia e Exipto. As diapositivas de Exipto comezan na número 36

luns, 16 de abril de 2012

Mesopotamia.

A xeito de repaso do que estamos a ver nestes días na aula, aquí tes unha completa presentación sobre o tema. Está feita por profesorado do IES Las Musas de Madrid, a quen agradecemos que compartisen o seu traballo.

mércores, 11 de abril de 2012

David Livingstone

Un dos exploradores que saíu no reto xeográfico é David Livingstone. En numerosas ocasións os exploradores europeos caracterizábanse por unha mentalidade colonial que lles facía verse como superiores aos nativos das zonas que eran obxecto do seu estudo. Non foi este o caso do escocés David Livingstone, do que podemos escoitar neste link como foi tratado polos africanos despois da súa morte. É un audio da imprescindible xornalista Nieves Concostrina.
Imaxe baixo licenza CC-BY-NC-ND de Graeme Bird

martes, 10 de abril de 2012

Reto xeográfico optativo para 1º eso C

Cando soluciones esta imaxe atoparás unha mensaxe co nome dun famoso monumento desta cidade, do que deberás realizar un pequeno documento de google de 4/5 liñas cunha imaxe baixo licenza CC. Ese documento compartiralo como xa aprendimos na aula.
Sorte e lembra que este traballo é optativo, pero todo axuda...


Reto xeográfico optativo para 1º eso B

Hoxe tocou traballar con placespotting en B, agora os de esa clase tedes aquí un reto optativo. Non é obrigatorio pero facelo axudaría...
É un pouco máis complexo ca os anteriores, pero non moito. Cando se soluciona aparece o nome dunha personaxe histórica, da que hai que elaborar un documento de google con tres ou catro liñas sobre a súa importancia histórica e unha imaxe, por suposto baixo licenza CC.


Antonio Tabucchi e os atlas.

Nestes días que andamos a voltas cos mapas, aquí temos un interesante texto do interesante escritor italiano Antonio Tabucchi, falecido recentemente.

mércores, 28 de marzo de 2012

Novo reto xeográfico

Quiedamos hoxe na clase en poñer un reto xeográfico despois da práctica que adquirimos a base de buscar tres localizacións. Aquí o tedes. Unha vez que acertedes o lugar, que tentei que fose algo máis complicado que os de hoxe, apareceravos un nome. Tedes que facer un pequeno documento de google cunha breve explicación sobre ese nome clave e una imaxe, por suposto con licenza CC. Esta actividade é voluntaria, pero facela ben axudaría...

O uso axeitado das imaxes: A licenza CC.

Viamos nestes días onde estaba o erro común a todos os nosos traballos sobre as paisaxes. Estamos moi afeitos a coller a primeira imaxe que atopamos en google, pero é necesario ter presente que as imaxes, por máis que estean en Internet, teñen dono.
A solución para usar imaxes nos nosos traballos é usar as que se atopen baixo unha licenza CC.
Nesta páxina de creativecommons tes a explicación de cada modalidade de licenza CC.
Lembra que, ademais de usar imaxes con esa licenza aberta, temos que referencialas en función da licenza ou licenzas CC que posúan. Así, acordabamos onte poñer baixo cada foto o seguinte:

Imaxe Licenza CC BY-SA-NC-ND (link ao autor)

O que tamén viamos é que buscar imaxes libres non é tan doado coma o método pirata de sempre. Onte traballabamos coas da wikipedia e proximamente veremos outros lugares web.

Imaxe licenza CC BY-NC-SA (minifig)
 


mércores, 21 de marzo de 2012

Repaso sobre a prehistoria.

Nestes días estivemos coa Prehistoria. En pouco máis dunha semana nos achegamos a millóns de anos de historia, co que é normal que esteamos aínda "dixerindo" toda a información. Aquí tes un xogo de emparellar conceptos co seu período (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais)

sábado, 17 de marzo de 2012

Un pouco de arte...

Xa está colgado no blog da materia das TIC, pero deixo aquí unha copia do cuestionario feito sobre un videoclip musical que nos achega a boa parte da historia da pintura: (por se queres cubrir o cuestionario, o código do profesor que tes ao final, baixo o cadro para poñer o teu nome é ranoch)

venres, 9 de marzo de 2012

A vista de satélite

En breve andaremos a voltas con gmaps, earth e demais.
Para afinar vista, podes probar este xogo:

venres, 2 de marzo de 2012

Seguimos

Temos a primeira parte do traballo case feita, pero aínda nos queda camiño...

luns, 27 de febreiro de 2012

Máis sobre o traballo das paisaxes naturais.

Un dos problemas que estamos tendo no traballo das paisaxes está sendo, curiosamente, atopar unha paisaxe. Non vale poñer cousas xenéricas coma "paisaxe azonal" ou "deserto" senón que hai que ser máis concretos ¿que paisaxe azonal ? ¿que deserto ou parte concreta del?
Para axudarvos un pouco máis, deixo aquí un enlace a unha páxina que recolle paisaxes de todo o mundo, clasificadas por continentes. Chámase 101 lugares increíbles, e alí podedes atopar moitas ideas para o voso traballo (e de paso deixámonos de tanta wikipedia...)
Por exemplo, mirade esta imaxe do deserto de Namib que pertence a un post desa páxina.
CC BY-SA asvirskas


xoves, 23 de febreiro de 2012

xoves, 9 de febreiro de 2012

mércores, 1 de febreiro de 2012

Localización xeográfica.

¿Lembras o que traballabamos hai tempo sobre localización xeográfica? Pois bota unha ollada a este vídeo e tenta resolver o misterio...

domingo, 29 de xaneiro de 2012

Videoquiz sobre o colonialismo

Falabamos na aula da importancia do fenómeno histórico do imperialismo á hora de entender a xeografía, velaquí tes un vídeo de menos de dous minutos con cinco cuestións para que podas comprobar o que entendiches:

martes, 24 de xaneiro de 2012