domingo, 29 de abril de 2012

sábado, 28 de abril de 2012

Unha mostra do que puido ter sido e non é...

A través do blog de referencia Iniciarte podemos ver unha mostra dos efectos devastadores da especulación urbanística sobre a cidade de Vigo.
Manuel Rivas citaba a Juan Cueto nun artigo de 1999 sobre a coincidencia no tempo da aprobación dunha cidade da cultura en Santiago (si, esa) e a autorización dunha explotación de granito na Costa da Morte. Juan Cueto escribiu que as peores cicatrices son as que deixa a mala política na paisaxe.

martes, 24 de abril de 2012

Día do libro

Un día despois do 23 de abril lembramos o día do libro, que debería ser cada un do ano. Desde aquí propoñemos un, Amberville  de Tim Davys, unha novela negra típica do xenero cunha gran innovación no que respecta aos protagonistas...



martes, 17 de abril de 2012

Exipto

A través da moi recomendable páxina en slidehsare do IES Las Musas de Madrid, conseguimos a presentación completa con Mesopotamia e Exipto. As diapositivas de Exipto comezan na número 36

luns, 16 de abril de 2012

Mesopotamia.

A xeito de repaso do que estamos a ver nestes días na aula, aquí tes unha completa presentación sobre o tema. Está feita por profesorado do IES Las Musas de Madrid, a quen agradecemos que compartisen o seu traballo.

mércores, 11 de abril de 2012

David Livingstone

Un dos exploradores que saíu no reto xeográfico é David Livingstone. En numerosas ocasións os exploradores europeos caracterizábanse por unha mentalidade colonial que lles facía verse como superiores aos nativos das zonas que eran obxecto do seu estudo. Non foi este o caso do escocés David Livingstone, do que podemos escoitar neste link como foi tratado polos africanos despois da súa morte. É un audio da imprescindible xornalista Nieves Concostrina.
Imaxe baixo licenza CC-BY-NC-ND de Graeme Bird

martes, 10 de abril de 2012

Reto xeográfico optativo para 1º eso C

Cando soluciones esta imaxe atoparás unha mensaxe co nome dun famoso monumento desta cidade, do que deberás realizar un pequeno documento de google de 4/5 liñas cunha imaxe baixo licenza CC. Ese documento compartiralo como xa aprendimos na aula.
Sorte e lembra que este traballo é optativo, pero todo axuda...


Reto xeográfico optativo para 1º eso B

Hoxe tocou traballar con placespotting en B, agora os de esa clase tedes aquí un reto optativo. Non é obrigatorio pero facelo axudaría...
É un pouco máis complexo ca os anteriores, pero non moito. Cando se soluciona aparece o nome dunha personaxe histórica, da que hai que elaborar un documento de google con tres ou catro liñas sobre a súa importancia histórica e unha imaxe, por suposto baixo licenza CC.


Antonio Tabucchi e os atlas.

Nestes días que andamos a voltas cos mapas, aquí temos un interesante texto do interesante escritor italiano Antonio Tabucchi, falecido recentemente.