domingo, 27 de maio de 2012

Máis sobre a arte grega

Vai a continuación unha presentación cun xogo de identificación dos períodos escultóricos.

mércores, 23 de maio de 2012

Arte grega.

Comezamos nestes días a ver a arte grega. Ao final desta entrada podedes ver un par de presentacións sobre a arquitectura e a escultura gregas, pero o máis importante é que nós faremos a nosa propia presentación empregando as presentacións de gdocs e coas seguintes condicións formais:

1.- O título e tema da presentación será: "A Arte grega"
2.- Na diapositiva do título debe aparecer unha imaxe (por suposto baixo licencia CC) e unha cita sobre a arte indicando o autor (por exemplo A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade P. Picasso)
3.- Na diapositiva final aparecerán os créditos das imaxes empregadas.
4.- Non haberá máis de 10 diapositivas/slides (excluíndo a portada e a diapositiva final)
5.- Os contidos deben referirse á arquitectura e a escultura gregas
6.- A nivel formal, aplicaremos a regla do 7x7: máximo de sete liñas por diapositiva e non máis de sete palabras en cada unha delas
7.- En cada unha das diapositivas debe haber, alomenos, unha imaxe ou elemento audiovisual, se ben soamente se pode empregar un máximo de dous vídeos.
8.- As presentacións serán subidas a unha páxina dentro deste blog.
9.- Valorarase a selección de contidos, pero tamén a orixinalidade: cortarepegar do libro de texto/wikipedia non aporta nada.
Se queres máis consellos sobre o deseño de presentacións podes consultar este documento de Alazne González.
 

mércores, 9 de maio de 2012

Repaso Mespotamia e Exipto

De cara ao inminete exame sobre ese tema que considerades taaaan longo, deixamos aquí un pequeno cuestionario de repaso. As primeiras civilizacións on PhotoPeach

luns, 7 de maio de 2012

Técnicas de estudo: o esquema.

Nestes días estamos traballando na aula os esquemas. Aquí tedes un vídeo (cortesía da practicopedia) no que podedes ver en menos de dous minutos como traballar esa técnica:

domingo, 6 de maio de 2012

Un pouco máis alá do deporte.

En consonancia con certo escapismo dos alumnos das TIC cara a páxinas de diarios deportivos, e atendendo á proposta de don Y.D.C sobre que a única historia que se debería estudar é a do Real Madrid planteemos un traballo utilizando como fontes páxinas relacionadas co deporte en base aos seguintes puntos.

1.- O traballo será sobre algún feito histórico - cultural relacionado co deporte. Podes ver unha mostra dese tipo de feitos no artigo adicado aquí a Johann Trollmann.
2.- As fontes de información sinálanse a continuación, e deben empregarse para buscar esa faceta histórico-cultural relacionada co deporte. Serán a base do traballo, pero non se pode usar o cortaepega.
3.- Consultada a información elaborarase, en gdocs, un documento que levará un título orixinal (feito por vós e empregando este xenerador de portadas) dúas imaxes (obrigatoriamente baixo licenza CC), links e unha referencia xeográfica (gmaps ou similar).

4.- A estrutura do documento será a de artigo xornalístico, para o que se pode consultar este artigo da wikipedia sobre os elementos básicos da narración xornalística.

5.- Rematado o artigo procederase á súa publicación en issuu como paso previo á publicación nos blogs.

xoves, 3 de maio de 2012

Os gatos en Exipto.

CC-BY-SA G. Blanchard
 
A través deste post do interesante blog Siglos curiosos podes ler cousas moi interesantes sobre a veneración dos gatos no antigo Exipto.