domingo, 6 de maio de 2012

Un pouco máis alá do deporte.

En consonancia con certo escapismo dos alumnos das TIC cara a páxinas de diarios deportivos, e atendendo á proposta de don Y.D.C sobre que a única historia que se debería estudar é a do Real Madrid planteemos un traballo utilizando como fontes páxinas relacionadas co deporte en base aos seguintes puntos.

1.- O traballo será sobre algún feito histórico - cultural relacionado co deporte. Podes ver unha mostra dese tipo de feitos no artigo adicado aquí a Johann Trollmann.
2.- As fontes de información sinálanse a continuación, e deben empregarse para buscar esa faceta histórico-cultural relacionada co deporte. Serán a base do traballo, pero non se pode usar o cortaepega.
3.- Consultada a información elaborarase, en gdocs, un documento que levará un título orixinal (feito por vós e empregando este xenerador de portadas) dúas imaxes (obrigatoriamente baixo licenza CC), links e unha referencia xeográfica (gmaps ou similar).

4.- A estrutura do documento será a de artigo xornalístico, para o que se pode consultar este artigo da wikipedia sobre os elementos básicos da narración xornalística.

5.- Rematado o artigo procederase á súa publicación en issuu como paso previo á publicación nos blogs.

Ningún comentario:

Publicar un comentario