venres, 15 de febreiro de 2013

Traballamos co mapa físico de América.

A continuación tes o percorrido duns exploradores polo continente americano. Verás que aparecen o itinerario que seguiron, pero esquecéronse de marcar os distintos accidentes xeográficos, co que terás que valerte do mapa físico de América para trazar ese itinerario e apuntar os lugares que non se nomean no texto.
Fai este itinerario en primeiro lugar no teu mapa físico de América e despois xa o pasaremos á rede. ¿Listo/a? Aló imos...

DP (NASA)
Chegaron á desembocadura dun río americano nas inmediacións do Ecuador. Remontárono uns 900 km e despois decidiron abandonar o río principal e tomar un afluente en dirección SO. Mentres ían río arriba, na beira esquerda puideron contemplar unha espectacular chaira.
Abandonaron o río no seu nacemento, nunha importante cordilleira, e marcharon en dirección S uns 600 km tras visitar nun espectacular lago. Chegaron a unha das paisaxes desérticas máis áridas do mundo, e percorrérona en dirección S durante máis de 1500 km, desde alí puideron divisar un imponente pico montañoso e decidiron marchar en dirección L nunha dura ascensión coronando ese cumio.
Ao cruzar a cordilleira atopáronse cunha vasta planicie que atravesaron en dirección SL, uns 900 km, ata chegar á desembocadura dun río que sirve de emprazamento de dúas das capitais americanas máis importantes. Decidiron buscar aloxamento na cidade da beira esquerda ¿A onde chegaron?

Pulsa aquí para ver a solución

Ningún comentario:

Publicar un comentario