mércores, 17 de maio de 2017

Trabagoogle.

A cidade natal da filósofa Hipatia ten unha latitude en graos que podes usar para identificar un ano concreto do século no que se descubriu a penicilina, ano no que naceu un actor californiano que obtivo un Óscar  no ano  que tamén saiu á luz un videoxogo...
Cal é o videoxogo?

Usa este link para anotar a solución

martes, 2 de maio de 2017

Trabagoogle

O mesmo ano que naceu o autor de Pepita Jiménez faleceu nun país mediterráneo un dos máis grandes referentes literarios dun movemento artístico do século XIX; o seu país de orixe gañou unha copa do Mundo de fútbol contra un rival en cuxa capital está unha das obras escultóricas máis famosas da arte das primeiras civilizacións
A que obra nos estamos referindo?