venres, 29 de setembro de 2017

Trabagoogle 17/18-1 (3º e 2º ESO)


Os Xogos Olímpicos nos que o piragüista asturiano Herminio Menéndez obtivo dúas medallas comparten ano de celebración co da disolución dunha banda británica de rock liderada por un guitarrista nado no mesmo ano no que tivo lugar o desembarco de Normandía.
O primeiro álbum da banda arriba indicada editouse xusto vinte anos despois do nacemento dun novelista nunha cidade situada a 35º de latitude Norte. Entre a súa obra, destaca unha novela cun título no que figuran dous puntos cardinais.

¿Como se titula esta novela?

Usa este link para anotar a túa resposta