xoves, 22 de febreiro de 2018

domingo, 11 de febreiro de 2018

Reto optativo para XH 2ºESO


Tal e como comentabamos a última semana, queda proposto este reto de investigación xeográfica: resolvendo os dous acertixos dos mapas accederás a dúas "pezas" coas que poderás compoñer o apelido dun relevante explorador do século XX. Cando teñas a solución, investiga en Internet e usa o link de resposta ao final desta entrada para anotar o teu nome, o nome completo do explorador e unha breve explicación de por que se considera un dos principais exploradores; a explicación non pode exceder as tres liñas e non vale copiar e pegar da wikipedia, usa as túas palabras!